As vellas versións vitalicias de Office para Mac restrinxen as súas funcións
martes, 2 de xuño do 2026
AÃnda que Microsoft leva anos promovendo que o modelo de subscrición para o seu paquete ofimático, coñecido actualmente como Microsoft 365, continúa a comercializar a súa versión vitalicia, sendo a última en saÃr á venda Office 2024 en versións doméstica e de empresa. Pero o concepto de vitalicio no software non significa que o software teñan unha licenza perpetua, xa que a vida do produto non se corresponde coa vida do usuario, algo do que están a decatarse polas malas os usuarios de sistemas de Apple.
Microsoft está a advertir de que a partir do 13 de xullo de 2026 certas versións de Office deixarán de permitir a edición de documentos e limitarán o seu uso ás funcións de apertura e impresión no que dan en chamar modo de funcionalidade reducida, amparándose en que se trata de software que quedou sen soporte técnico.
Os principais prexudicados desta polÃtica serÃan os usuarios de Office 2019 para macOS, xa que quedaron totalmente sen soporte, polo que a súa alternativa serÃa empregar a versión web das aplicacións ou subscribirse a Microsoft 365. No caso de Office 2021 a finalización de soporte está fixada para o 13 de outubro de 2026.
No caso dos dispositivos móbiles (iPhone e iPad) o grande problema radicarÃa en que as novas versións das aplicacións precisan, como mÃnimo, iOS 17 ou iPadOS 17, polo que de traballar cun dispositivo que non sexa compatible haberÃa que dicir adeus ás aplicacións nativas e optar pola súa versión web.
Cómpre salientar que as versións de Office para Windows e Android non teñen estas limitacións.
