Assassin’s Creed Shadows supera o millón de xogadores
venres, 21 de marzo do 2025
Tras a longa espera polo xogo Assassin’s Creed Shadows o lanzamento do xogo no que Ubisoft ten posta a súa máxima confianza parece estar a ser todo un éxito, xa que os seus responsables desvelaron nas últimas horas que superaron o millón de xogadores neste tÃtulo ambientado no Xapón feudal.
Entendemos que este éxito se deberÃa principalmente aos xogadores de consola (que carecen de estatÃsticas públicas), porque no caso da principal plataforma de xogo para PC, Steam, no dÃa do lanzamento do xogo rexistrouse un pico de 41.412 xogadores, o que é unha cantidade de usuarios moi modesta (quedando no posto 38 do máis xogado), aÃnda que poderÃa estar xustificada polo feito de que o xogo chegou ao mercado un xoves, e cómpre agardar a que remate a fin de semana para saber se realmente Assassin’s Creed Shadows será quen de salvar a Ubisoft da súa mala racha (agudizada pola mala acollida de Star Wars Outlaws).
Polo momento a reacción da crÃtica e dos xogadores é positiva, pero tardaremos en saber se esta percepción vai acompañada dunhas vendas que consigan colocar a Ubisoft no bo camiño.

- O novo Assassin’s Creed está a ter unhas valoracións bastante positivas
