Avaya permite levar o iPhone a contornos corporativos

venres, 21 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Mentres algúns consultores desboten ó iPhone coma móbil para uso corporativo, fabricantes como Avaya apostan polo terminal de Apple e así anuncian que están a adaptar a súa solución one-X Mobile para funcionar no iPhone.
Durante o primeiro trimestre de 2008 aparecerá o software que permitirá converter o iPhone nun control remoto persoal para as comunicacións corporativas, de xeito que serviría para funcións de conferencia, transferencia de chamadas, marcación rápida e chamadas encamiñadas a través dunha centraliña PBX. Os usuarios tamén poderían ver caixas de voz ou intercambiar o seu iPhone co teléfono do seu escritorio con só premer un botón.
Con esta iniciativa Avaya faría do iPhone un terminal de telefonía móbil apto para moitas empresas, aínda que hai que destacar que o mesmo fabricante tamén fai o propio con outras plataformas (Symbian, BlackBerry, Palm, Windows Mobile e Java).

PUBLICIDADE