Barcamp sobre Arduino en Ordes

luns, 31 de outubro do 2011 Redacción

O vindeiro sábado terá lugar na Casa da Cultura de Ordes unha xornada en formato barcamp na que Óscar González e AlexTC de BricoGeek instruirán sobre as posibilidades de Arduino, plataforma de prototipado electrónico que busca levar o concepto do código aberto ao mundo do hardware.
Aínda que este tipo de encontros son especialmente abertos e participativos, convidando aos participantes a levar os seus ordenadores portátiles para poder facer pequenos exemplos ou amosar proxectos que teñan desenvolvido, hai varios temas que xa teñen pensado abordar:
- Introducción á electrónica
- Presentación da plataforma Arduino
- Montaxes típicas e iniciación á robótica
- Presentación e explicación do robot Orugas
- Comunicación inalámbrica mediante Xbee
- Presentación de módulos de expansión e material diverso
Esta actividade está organizada por Inestable ao abeiro do convenio de colaboración das asociacións galegas de usuarios de software libre coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluído no Plan de Acción FLOSS 2011 e terá lugar entre as 10:00-14:00 horas e as 16:00-21:00 horas.