Beat Saber deixa de dar soporte á realidade virtual de PlayStation
mércores, 18 de xuño do 2025
O equipo de Beat Saber anunciou oficialmente que deixará de lanzar actualizacións para as versións de PlayStation 4 e PlayStation 5 do xogo a partir de xuño de 2025. A medida, segundo explican, forma parte da súa estratexia para centrarse na evolución do xogo en realidade virtual.
A pesar da fin do soporte, os xogadores de PS4 e PS5 poderán seguir xogando a Beat Saber e acceder a todo o contido previamente adquirido. O xogo tamén continuará dispoñible para a súa compra nestas plataformas, incluÃdos os lotes de música e cancións lanzados ata o momento. Porén, non se publicará ningún novo contido para PS4 nin PS5 a partir de agora. Ademais, a partir do 21 de xaneiro de 2026 desactivarase o modo multixogador en ambas consolas, aÃnda que o sistema cross-buy entre PS4 e PS5 seguirá activo para o xogo base.
O estudio agradeceu o apoio recibido durante estes sete anos e promete novidades para o futuro da franquÃa noutras plataformas de realidade virtual, o que pode entenderse como a constatación definitiva do fracaso de PlayStation VR2, plataforma que tivo que baixar o seu prezo o pasado mes de marzo e incluso lanzaron un adaptador para permitir o seu aproveitamento en PC, xa que resultaba imposible amortizar o produto unicamente con xogos para PlayStation 5. Como curiosidade, na WWDC Apple anunciou que os mandos da PlayStation VR2 poderÃan empregarse con Apple Vision Pro, polo que estarÃamos ante unha concesión máis por parte de Sony para tentar dar saÃda ás existencias de PS VR2 que non atopan comprador.
