Beats renova os seus auriculares pechados sen fÃos
luns, 4 de setembro do 2017
A
marca de auriculares premium adquirida por Apple, Beats by Dr. Dre, renova un
dos seus produtos estrela, e asà temos agora os seus auriculares Beats
Studio3 Wireless, que achega unha excelente experiencia de reprodución de
audio xunto con tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo, que xunto coa integración
do chip Apple W1 fai que sexan un dos mellores dispositivos para empregar en
combinación con dispositivos de Apple (cos que pode enlazarse con só estar en
proximidade, de xeito que poden usarse tanto para atender unha chamada do móbil
como para ver unha pelÃcula nun MacBook).
Os novos auriculares manteñen o deseño dos Beats Studio Wireless á vez que
redeseña os seus compoñentes acústicos e actualiza o seu proceso de fabricación
para conseguir un uso confortable para o usuario e un illamento acústico
óptimo.
Aseguran que o uso de chip Apple W1 non só ten vantaxes no confort, senón que
tamén está preto de dobrar a autonomÃa con respecto ao seu modelo anterior,
chegando a 22 horas de reprodución sen fÃos coa cancelación de ruÃdo activada
(mentres que sen esta funcionalidade pode chegar até as 40 horas de
reprodución). Amais, os auriculares tamén teñen carga rápida, de xeito que 10 minutos
de carga a través de micro-USB achegan potencia dabondo para operar durante até
3 horas.
Estes auriculares Bluetooth contan con micrófono integrado e controis que
facilitan facer chamadas, saltar cancións, controlar o volume ou activar Siri
sen ter que quitar os cascos ou ter que coller o smartphone.
Os Beats Studio3 Wireless venderanse en cor negra, branca, azul e vermella en
edición ordinaria, aÃnda que tamén estará dispoñible unha edición especial en
rosa cuarzo e gris profundo. Xa están dispoñibles
para a súa compra na tenda en liña de Apple a un prezo de 349,95 euros,
aÃnda que non se remitirán aos consumidores até mediados de outubro.
- Os auriculares estarán dispoñibles nunha ampla gama de cores
VÃdeo promocional dos Beats Studio3 Wireless