Betabeers Galicia introducirá na Coruña á metodoloxía áxil

xoves, 3 de abril do 2014 Marcus Fernández

O evento para desenvolvedores de aplicacións móbiles e web Betabeers Galicia chegará á súa 12ª edición o vindeiro xoves 10 de abril ás 20:00 horas nas instalacións do espazo de coworking WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña, contando neste convocatoria con Rafael Bermúdez Míguez como principal relator para abordar o uso da metodoloxía áxil (baseada en Scrum e Kanban) dentro da empresa, a xeito de introdución a esta materia e partindo da experiencia práctica de Bermúdez, quen intentará expor “todo o que me gustaría saber cando apertei o axilismo”.
A esta charla seguiranlle un par de presentacións de proxectos: o sistema de novas e comunicacións de Eventos Dorna, presentado por Jorge Parada e implementado empregando django, websocket, Android e MongoDb; e o xestor de contidos para a publicación profesional Bigpress, de Ramón Parada.
Este encontro local está organizado por Reinaldo Aguilera, Alberto Basalo e Juan Diego Pereiro Arean, e conta co patrocinio de WeKCo e MobGen.