Bota a andar na Coruña a quinta edición de Hobbycon

xoves, 13 de xullo do 2017 Marcus Fernández

O recinto de PALEXCO na cidade da Coruña abriu hoxe as súas portas para unha nova edición do encontro de lecer alternativo Hobbycon, no que a mocidade galega xúntase para participar en numerosas actividades que van dende charlas e obradoiros até torneos de videoxogos e concursos do máis variado, conseguindo así que até o domingo non haxa momento para o aburrimento.
Neste encontro no que se dan cita o mundo do rol, dos xogos de mesa, da ciencia ficción e a fantasía e moitas outras mostras do que poderiamos chamar cultura friki teñen cada vez unha maior presenza os videoxogos, que durante a xornada de hoxe xa comezaron cun torneo de Mortal Kombat durante a xornada de mañá, mentres que pola tarde haberá torneos de Pokken (Wii U) e Blazzblue (PS4) e incluso está programada unha actividade baixo o prometedor título de Sistema Lupo Minecraft na vida real. Tamén hai numerosos postos de xogo libre con ordenadores persoais e consolas de videoxogos tanto actuais como retro.
Na xornada de mañá haberá torneos de Injustice 2 (PS4), Rocket League (PC), Smarth Bros. por parellas e KIng of Fighters, tamén poderase xogar a Overwatch, haberá unha charla sobre Clash Royale e, como actividade principal, celebrarase unha mesa redonda Women In Games na que participarán Pilar Celda, María Fernández, Eugenia Sánchez e Emma Ríos.

No recinto de PALEXCO hai numerosos ordenadores para poder xogar en rede
Unha ano máis en Hobbycon non esquecen o xogo retro
Durante a Hobbycon podemos cometir en xogos de consolas como a Wii U
Os xogos de loita teñen unha forte presenza en Hobbycon

PUBLICIDADE