CNET publica unha listaxe de emisións de terminais de telefonÃa móbil
venres, 13 de xuño do 2008

- O LG K800 é o móbil que emite menos radiación
Os usuarios preocupados
polas emisións electromagnéticas dos seus móbiles poden consultar unha relación
de medicións de radiación feitas na meirande parte dos móbiles
comercializados nos EE.UU., demostrando que ningún dos terminais supera a taxa
especÃfica de absorción (SAR) máxima imposta polas autoridades europeas e
americanas (en EE.UU. o máximo é de 1,6 w/Kg. mentres que en Europa o máximo
aceptado é de 2 w/Kg).
Vendo os resultados publicados temos que non se pode asegurar que un fabricante
ou outro teña as menores emisións, xa que cada terminal acada un resultado
distinto. AsÃ, os 4 móbiles
que emiten máis radiación serÃan de Motorola (o V195s, Slvr L6, Slvr
L2 e W385) e o segundo con menos emisións serÃa o Razr V3 do mesmo fabricante
(cun SRA de 0,14 w/Kg).
Entre os móbiles
con menos emisións tamén podemos destacar o LG KG800 (con só 0,135
w/Kg), o Nokia 9300 (cun SAR de 0,21) , o Nokia N90 (0,22) ou o Samsung
SGH-G800 (0,23).
Todos estes datos poden ser orientativos para os consumidores, aÃnda que non está
demostrado que o uso de móbiles poida ser prexudicial para a saúde.
