COCAHI e MyFullTrip asinan un acordo para ofrecer solucións tecnolóxicas aos asociados da confederación
martes, 9 de xaneiro do 2024
A
Confederación de Centros Históricos de España (COCAHI)
e a empresa de tecnoloxía MyFullTrip S.A (Grupo Vesilen) asinaron un
acordo de colaboración para o desenvolvemento de ferramentas
tecnolóxicas que favorezan o crecemento e a modernización das
asociacións e pequenas empresas pertencentes á confederación.
O
acordo formalizárono este luns 8 de xaneiro o presidente da
Confederación Española de Centros Históricos de España, Jose
Manuel Bello Rey (presidente tamén de Compostela Monumental), e
Bernard Jean Jacques Lonis, presidente da empresa. Trátase,
engadiron, de materializar aplicacións informáticas dirixidas ás
mais de 60 asociacións e empresas que están dentro de COCAHI.
Esta
entidade fundouse no ano 1993 e confórmana as asociacións de
comerciantes situados nos principais centros históricos de España.
Defende o papel que leva a cabo o comercio na dinamización,
conservación e mellora das contornas céntricas urbanas. Conta con
poboacións que suman máis de trece millóns e medio de habitantes e
representan 125.000 establecementos comerciais que xeran 500.000
empregos directos. Os seus centros asociados xeran vendas por importe
superior a 3.247 millóns de euros e son receptores de máis de 80
millóns de turistas ao ano.
Na
procura de solucións tecnolóxicas para todos os asociados, desde
MyFullTrip van desenvolver ferramentas tecnolóxicas que comuniquen
aos millóns de visitantes das máis de 60 zonas comerciais que
conforman COCAHI cos comercios das cidades. “É moi importante que
os miles de visitantes das zonas comerciais poidan dispoñer dunhas
ferramentas que lles permitan poder visitar os pequenos comercios e
comunicarse con eles. Desta maneira ofrécese unha experiencia ao
consumidor, podendo visitar a cidade, e coñecer a súa oferta
comercial, gastronómica, cultural e turística de centro histórico”,
sinalou José Manuel Bello, poñendo o foco nalgunhas das
singularidades que este tipo de recursos tecnolóxicos pode facer
posíbel e dinamizar: ofertas culturais, ofertas comerciais e
gastronómicas, visitas guiadas, descontos en comercios ou recursos
para manter e captar clientes (fidelización).
“En
MyFullTrip estamos moi enfocados no pequeno comercio e na procura de
solucións tecnolóxicas, para que non exista fenda dixital entre o
pequeno comercio e as grandes superficies. Na actualidade
desenvolvemos ferramentas dixitais en Canarias, como é o bono
consumo, que esta axudando ao pequeno comercio a aumentar as súas
vendas”, destacou Bernard Lonis, engadindo que co ultimo acordo
alcanzado con Revolugroup “dispoñemos dunha licenza de banco
electrónico que ofrecerá múltiples vantaxes aos seus usuarios, por
exemplo envío de diñeiro ao estranxeiro, pago en criptomoedas,
recarga telefónica, fidelización de clientes, pass
turístico, etc.
Jose
Manuel Bello Rey destacou “que iniciamos o 2024 cun novo proxecto
que supón unha oportunidade para os comercios e asociacións que
forman parte da Confederación Española de Centros históricos. A
empresa MyFullTrip porá ao dispor dos asociados de COCAHI os
servizos e experiencia no desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas
en comercio e turismo que poidamos necesitar para mellorar a nosa
conta de resultados nos distintos comercios situados nos centros
históricos do país”.