Callwave permite enviar mensaxes breves de texto a móbiles (e de balde)
martes, 16 de xaneiro do 2007
Volven os tempos nos que era posible enviar mensaxes de texto a móbiles
de balde e dende Internet? Probablemente non, e a iniciativa que vén de salientar
Aranha en Chuza! non sexa máis ca unha arroutada breve de Callwave, que non lle
ten medo ó cada vez máis potente sector das telecomunicacións.
Sexa breve ou non, hai un feito que está fóra de calquera dúbida: a proposta vai ser moi ben
recibida pola comunidade internauta e polos usuarios de telefonÃa móbil en
xeral (e máis aÃnda tendo en conta o certo morbo que nos dá a moitos
escamotearlles beneficios ás operadoras).
O servizo de Callwave é un widget que
permite enviar mensaxes de texto gratis e que está operativo para Yahoo! Widget
Engine, MacOS X e tamén para a páxina de inicio de Google. Entre outras
vantaxes que engadir ó feito de que sexa de balde, cómpre sinalar que permite
introducir o número do remitente.
A ferramenta, como era de supoñer, sostense sobre o emprego de publicidade, que
aparece nunha frase ó final de cada mensaxe e que semella estragar calquera SMS
con pretensións que redactemos. Mais é pouca molestia (ou non?) por poder facer
de balde algo polo que ata o de agora viñamos pagando.
Nota: cómpre non esquecer a inclusión do prefixo de España, o +34.
