Camisolas + SMS = Reactee
martes, 5 de xuño do 2007
O aproveitamento das mensaxes SMS a través do móbil
é algo habitual por parte de programas de televisión, pero agora tamén están
mirando de facer algo bo delas mediante camisolas, pois a compañÃa Reactee está a vender prendas de roupa
personalizadas cunha mensaxe que incita a mandar unha SMS a un número especial
que reaccionará segundo a configuración do usuario que mercou a camisola. AsÃ,
os remitentes da SMS poden facer chegar unha mensaxe ó propietario da camisola,
poden recibir un texto automático de resposta ou mesmo se poden subscribir a
unha canle informativa.
Deste xeito as camisolas poden servir para apoiar causas polÃticas,
humanitarias ou de calquera outro tipo, pero tamén para comunicarse cunha
persoa cun certo anonimato, polo que poden resultar incluso un método para
ligar (xa que se poden recibir mensaxes sen ter que darlle o número de teléfono
a ninguén).
Como exemplos temos que podemos expresar o noso apoio a Hillary Clinton para as
presidenciais norteamericanas remitindo
unha SMS ó 41411 co texto VOTEHILL ou co texto OBAMA se queremos apoiar a
Barack Obama, mentres que si escribimos a palabra chave IHSJAGUARS poderemos
recibir os resultados dos partidos do equipo de fútbol americano Jaguars (para
o que o sistema pedirá verificación para evitar altas fraudulentas ou
accidentais). Tamén é posible que remitindo mensaxes ó número antes indicado
cunha PALABRACHAVE + TEXTO se poidan facer chegan comunicacións ó propietario
da camisola.
Estes servizos de SMS están subministrados pola empresa TextMarks, que mesmo permite incorporar as
súas funcións a páxinas web, pero que atopou nas camisolas un xeito moi
orixinal de chegar ó grande público (aÃnda que nada impedirÃa que un
usuario empregase directamente TextMarks e fixese el mesmo a camisola
correspondente).
Este servizo só está dispoñible nos EE.UU., pero de acadar éxito non serÃa de
sorprender que outras empresas o emulasen en Europa.
