Carrefour Móvil estrea unha Tarifa Redonda de voz e datos
xoves, 21 de xullo do 2011
As
Operadoras Móbiles Virtuais (OMV) continúan a apostar por atractivas ofertas de
acceso á Internet dende o móbil como un importante reclamo para captar
clientes, e asà Carrefour Móvil estrea a súa Tarifa Redonda,
que por 25 euros/mes inclúe 400 minutos en chamadas en 300 Mbytes de
transferencia de datos (que superados reducirán a súa velocidade a 128 Kbps,
fronte aos 64 Kbps de moitas outras compañÃas). As mensaxes de texto cobraranse
a 0,08 euros, que é o mesmo prezo que terá o minutos en chamadas que se
realicen superados os 400 minutos incluÃdos na tarifa.
Estamos ante unha tarifa ideal para usuarios de smartphones, e para os usuarios que veñan doutra compañÃa e
subscriban un compromiso de permanencia na Tarifa Redonda poderán facerse de
balde cun móbil Samsung Galaxy Ace (en altas custará 99 euros), de xeito que
poden gozar de Android 2.2 na palma da man.

- O Samsung Galaxy Ace pode consegurise de balde con portabilidades á Tarifa Redonda de Carrefour Móvil
