Cesan a produción de consolas PlayStation Vita

luns, 4 de marzo do 2019 Marcus Fernández

As consolas portátiles puras non están a vivir un bo momento, e o mellor exemplo que temos sobre iso é a PlayStation Vita, máquina para a que Sony anunciou que non desenvolve xogos dende 2015, que deixa de producir xogos en formato físico para a mesma e que xa non ten xogos na selección mensual de PlayStation Plus, ou sexa, que é unha consola que poderiamos dar por morta, especialmente despois de que Sony descatalogase os dous modelos de consolas PS Vita que aínda se comercializaban oficialmente no Xapón.
Nos máis de 7 anos que leva dando guerra a PS Vita lanzáronse numerosos modelos, e aínda que a consola estaba practicamente desaparecida nas tendas de boa parte do mundo, no caso do Xapón a máquina seguía relativamente activa, pero este fenómeno localizado sería pouco máis que un espellismo, xa que finalmente Sony cesou a fabricación de todos os modelos de PS Vita e carece de plans de comercializar unha consola sucesora.

JPEG - 106.6 KB
No Xapón aínda quedaban un par de modelos de PS Vita en produción até hai poucos días

PUBLICIDADE