Chega a España a gravación de chamadas nos móbiles Pixel
xoves, 19 de febreiro do 2026
Google continúa a estender a funcionalidade de gravación de chamadas na aplicación Teléfono dos seus dispositivos Pixel, despois de iniciar en novembro unha despregadura ampla que agora comeza a chegar a novos paÃses, incluÃndo España.
A opción está dispoñible nos Pixel 6 e modelos posteriores que executen Android 14 ou versións superiores. Para activala, cómpre acceder á aplicación Teléfono, entrar en Configuración e seleccionar Gravación de chamadas, onde se inicia un proceso previo de configuración e descarga. Durante unha conversa, pode activarse desde o menú Asistencia de chamadas. Tamén é posible configurar a gravación automática de chamadas con números descoñecidos ou establecer determinados contactos que sempre se rexistren.
O sistema incorpora unha conta atrás antes de emitir unha mensaxe de voz que informa a todas as persoas na chamada de que a conversa está a ser gravada. O usuario pode deter a gravación en calquera momento premendo en Stop. Os ficheiros gardados aparecen na lapela principal da aplicación, identificados cunha icona de micrófono e cun reprodutor integrado.
En materia de xestión de datos, Google permite configurar a eliminación automática das gravacións transcorridos 7, 14 ou 30 dÃas, ou ben conservalas indefinidamente. A configuración inclúe tamén unha opción para borrar todas as gravacións de maneira manual.
A función só está dispoñible en paÃses e rexións onde a gravación de chamadas está permitida pola normativa vixente, polo que a súa presenza pode variar segundo o mercado.
Coincidindo co lanzamento do Pixel 10a, Google confirmou que prevé ofrecer a gravación de chamadas na aplicación Teléfono en todos os mercados e idiomas compatibles antes de finais de febreiro ou, en todo caso, antes da chegada do novo dispositivo ás tendas.
