Chega a Francia un acceso á Internet que inclúe o aluguer dun ordenador de baixas prestacións
luns, 9 de outubro do 2006
A penetración da Internet nos fogares non é tan boa como todos desexariamos, e para tomar cartas no asunto, un provedor de acceso á Rede en Francia, Neuf Cegetel, lanzou un acceso (o Easy Neuf) que se comercializa xunto cun ordenador económico (o Easy Gate) para loitar contra a fenda dixital.
O Easy Gate é un ordenador baseado en Linux, que conta un procesador Intel 852GM, 512 Mb de RAM (e 512 Mb de memoria Flash) e 6 portos USB. SubminÃstrase coma se fose unha caixa, de xeito que os usuarios que queiran os accesorios adicionais (teclaro, rato, monitor e webcam) deberán pagar 99 euros. SerÃa asà un equipo que permitirÃa funcións básicas de navegación e correo electrónico.
O servizo completo custa 40 euros/mes ós que haberÃa que engadir unha fianza de 150 euros (que se devolverÃa ó terceiro mes) e da unha velocidade de conexión de ata 8 Mbps, chamadas a teléfonos fixos nacionais e un paquete de seguridade informática (con antivirus, antispam, devasa, control paterno e bloqueador de fiestras emerxentes).
Esta solución informática lembra ás Intel Dot Station (máis coñecidos coma Paquitos) que alugaba AOL en España, só que nesta ocasión os equipos contan cuns accesos á Rede de alta velocidade que supoñen unha opción válida para introducirse á Internet dende o fogar, sen ter que contar coa carga económica da compra dun ordenador.