Comeza a promoción do iPhone 3G en España

mércores, 25 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Un cartel nunha tenda sevillana de Movistar, visto por Pedro Carrillo

O 11 de xullo o iPhone chegará a España a través de Movistar, e para crear expectativas, na web da operadora xa se anuncia tal acontecemento en portada e se redirixe ao usuario a unha páxina web na que se pode inscribir para recibir información sobre o que podería ser o lanzamento do ano. Pero no mundo real tamén se está a preparar ao público, a varios blogs publican estes días fotografías de tendas de Movistar nas que xa se poden ver carteis anunciando a pronta chegada do iPhone a España xunto co texto «el iPhone que estabas esperando», en clara alusión de que o móbil de Apple que venderá a operadora española contará con tecnoloxía 3G (mentres que os terminais que actualmente se venden en Reino Unido, Francia e Alemaña aínda non contan con tal conectividade).

PUBLICIDADE