Competencia sancionará a Movistar pola suba do establecemento de chamada
martes, 30 de decembro do 2008
A Comisión
Nacional da Competencia comunicou esta semana a súa proposta de resolución
sobre a denuncia de concentración de tarifas de Movistar, Orange e Movistar, na
que se estuda sancionar
a Telefónica e exonerar de culpa a Vodafone e Orange segundo
informou a Confederación Española de Organizacións de Amas de Casa,
Consumidores e Usuarios (CEACCU), que é unha das asociacións que denunciou a
suba de tarifas de telefonÃa móbil coincidindo coa entrada en vigor da lei de
mellora da protección dos consumidores e usuarios que obrigaba a contabilizar
as chamadas por segundo.
Competencia comunicou ás partes a súa proposta de resolución na que se propón
que se declare a existencia dunha práctica prohibida polo artigo 1 da Lei
16/1989 ao ter anunciado Movistar as súas novas tarifas para que as coñecesen
os seus competidores (que asà subiron a cota
de conexión imitando á
operadora dominante).
