Continúan a aparecer métodos para liberar o iPhone
luns, 27 de agosto do 2007

- Imaxe dun iPhone liberado publicado por Engadget
Os distintos xeitos de librerar o iPhone están a
captar moita atención na Rede, pero trala aparición dun xeito de
reprogramar o terminal por un método hardware sorprendeu un rápido sistema
de facer o mesmo mediante software, ou sexa, sen ter que abrir o terminal. O
novo sistema o anunciaron dende a web iphoneunlocking.com
e pretendÃan vendelo a través da Internet, o que non poderán facer polo momento
dado que o departamento legal
de AT&T xa advertiu ós responsables de tal servizo que de vender o
sistema de liberación do iPhone se terÃan que enfrontar a unha demanda
xudicial.
Dende iPhoneSIMfree.com
tamén publican outra solución para liberar o iPhone, o que permitirÃa o seu uso
con operadoras distintas de AT&T e, por tanto, fóra dos EE.UU., pero todos
estes movementos en favor de atopar métodos de crackear o móbil de Apple non resulta igual de atractivo en todo o
mundo, pois en
paÃses coma Alemaña os terminais teñen que venderse libres por lei (o que se
compensa cunhas condicións de contratación moi rÃxidas ó facerse con terminais
subvencionados).
