Coruña Dixital celebra a súa primeira Popathon

venres, 11 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Dende hoxe e ata mañá desenvólvese no Centro Ágora unha actividade dirixida a profesionais do ámbito audiovisual, da programación e do desenvolvemento de aplicacións, así como para profesionais do deseño web e multimedia, unha Popathon, que vén a ser unha sorte de hack jam para producir prototipos para o futuro das narrativas nativas na Internet (web-native storytelling).

Os participantes na Popathon repartíronse en 3 grupos para desenvolver distintas propostas en paralelo

Esta proposta que xa se levou a cabo en Barcelona, Berlín, París, Londres e Lisboa, e chega agora á Coruña, onde xuntouse un equipo multidisciplinar no que xerar ideas, crear en código aberto e xerar un prototipo creado na web como os que xurdiron en pasadas edicións (Berlin on Brexit in VR, Paraules de Barcelona ou Barcelona Says).
Para facer posible este obxectivo cóntase con mentores expertos como Philo van Kemenade, quen iniciou Popathon para potenciar o desenvolvemento dunha linguaxe narrativa interactiva que encaixase na natureza da web; Daniel Gona, asesor de deseño empresarial independente; e os galegos María Yáñez, Berto Yáñez e o cofundador da compañía coruñesa Esferobite, Juan Lesta.