DIGI supera os 5,7 millóns de liñas
luns, 14 de agosto do 2023
O operador de
telecomunicacións DIGI vén de confirmar o seu grande éxito en España na
presentación de resultados da primeira metade de 2023, perÃodo no que sumou
máis de 434 mil clientes, co que superarÃa os 5,7 millóns de usuarios.
Concretamente DIGI terÃa xa 4,3 millóns de clientes de telefonÃa móbil, máis de
1,1 millóns clientes de fibra e máis de 364 mil clientes de telefonÃa fixa.
Tamén destacan que no primeiro semestre do ano DIGI conseguiu captar máis de medio
millón de liñas de telefonÃa móbil e fixa.
Este crecemento está provocado principalmente pola agresiva polÃtica de prezos
de DIGI, que é especialmente notable nos territorios onde conta fibra directa (como
nalgunhas cidades galegas), o que lle permite ofrecer conexións de 10 Gbps (a
un prezo de que parte dos 25 euros/mes), asà como tamén pode presumir de conexións
de fibra a 500 Mbps por 15 euros/mes. AÃnda que polo momento non ofrece
conectividade 5G na súa telefonÃa móbil, ter liñas que parten de chamadas ilimitadas
e 10 GB de datos acumulables por 7 euros/mes (con cobertura de Movistar) fai
que esteamos ante unha das mellores ofertas do mercado.
AÃnda que existen algúns OMV con prezos moi agresivos, no caso de DIGI conseguen
gañar a confianza dos consumidores cunha grande presenza comercial e a través
de patrocinios deportivos, transmitindo que é unha marca solvente.
- Evolución do número de liñas de DIGI entre xuño de 2023 e xuño de 2023