Denuncian que Telefónica sube as tarifas de fixo a móbil ata un 42%
xoves, 3 de xaneiro do 2008

- O logotipo de Telefónica visto por FACUA
FACUA-Consumidores en Acción denuncia que dende
este mes de xaneiro Telefónica
de España sube ata un 42% o prezo das chamadas de fixo a móbil debido ó
desproporcionado aumento da súa principal tarifa, a que cobra polo
establecemento de chamada, o que levou á organización de consumidores a
presentar as correspondentes denuncias ante as autoridades competentes.
Este cambio de tarifas xa
se denunciou en novembro, e irÃa en contra da baixada de custos propiciada
pola CMT, polo que FACUA considera que Telefónica se está a aproveitar da
liberación das súas tarifas aplicando unha enorme suba.
AsÃ, aÃnda que as chamadas de fixo a móbil baixen o seu prezo por minuto, ó
incrementarse o establecemento de chamada un 25%, realmente está subindo o
prezo da meirande parte das chamadas de fixo a móbil.
FACUA denunciou esta suba ante o Instituto Nacional do Consumo e a Dirección
Xeral de Consumo da Comunidade de Madrid, no que consideran que se trata dunha
vulneración da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.
