Denuncian que o ADSL 1 Mega de Telefónica ten límite de transferencia mensual

mércores, 12 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Onte informamos de que Telefónica anunciaba un Dúo ADSL 1 Mega + chamadas nacionais por 29,90 euros que incluiría unha «tarifa plana de 24 horas sen límite de descarga» pero hoxe varios medios denuncian que esta nova oferta inclúe un límete de transferencia de 20 Gb que unha vez superada reduciría a velocidade da conexión a 256 Kbps. A Asociación de Internautas asegura que denunciará a Telefónica por publicidade enganosa.
Dende Adslayuda.com consideran que a nova oferta de Telefónica pretende contrarrestar as información que apuntan a que o ADSL en España é un 20% máis caro que a media europea, aínda que tamén destacan que nos vindeiros días podería saír unha oferta correspondente ó anunciado por Telefónica, deixando claro que na actualidade non se comercializa o «ADSL 1 Mega sen límites».

PUBLICIDADE