Destiny 2 chega a consolas de videoxogos
mércores, 6 de setembro do 2017
Tras
afastarse do paraugas de Microsoft, Bungie xuntou forzas con Activision para
prepara o revolucionario xogo Destiny,
que por fin estrea hoxe secuela, Destiny 2, xogo que
podemos mercar
xa para Xbox One e PlayStation
4, mentres que a versión para PC farase agardar até o 24 de outubro. Pero
no só as consolas toman a dianteira neste lanzamento, senón que tamén entre
elas hai diferenzas, e Sony tivo a ben conseguir que a súa PS4 reciba o contido
adicional do xogo en primicia (co que buscan que os xogadores máis fieis da
saga opten pola plataforma de Sony).
Destiny 2 traslada aos xogadores
nunha viaxe épica para defender á humanidade da súa aniquilación, de xeito que
haberá que dominar novas habilidades e armas para xuntar as forzas da última
cidade segura da Terra, tomada por un poderoso exército ante o que haberá que
recuperala.
AÃnda que estamos ante un xogo orientado ao multixogador, conta cunha grande
historia, personaxes impresionantes e un malvado vilán, que na súa dobraxe ao
español está interpretado
polo actor galego LuÃs Tosar, o que é un incentivo máis para achegarse a
este tÃtulo que promete moitas horas de diversión e, especialmente, xuntar a
unha ampla comunidade de xogadores ao seu redor.
Tráiler de Destiny 2