Digi por fin ofrece desvÃo de chamadas en liñas fixas
luns, 23 de xuño do 2025
Cando contratamos servizos de telecomunicacións de baixo custo en moitas ocasións sorprendémonos con carencias das liñas máis económicas que non poden solucionarse nin pagando máis, xa que algunhas compañÃas non implementan certos servizos avanzados como unha medida máis para recortar os seus prezos.
No caso do operador Digi resultaba bastante rechamante o feito de que, aÃnda que contaba con servizo de desvÃo de chamadas dende o móbil, tal opción estaba ausente dende liñas fixas, para desesperación de quen estaba afeito a empregar tal servizo.
Pero esta limitación das liñas de Digi está a dicir adeus, segundo están a percibir boa parte dos seus usuarios pois, aÃnda que a compañÃa non o anunciou, o servizo de desvÃo de chamada está dispoñible a través do método tradicional de introdución de códigos MMI estándar, como *21*número_de_teléfono# para activar un desvÃo de chamada incondicional, como explican no apartado de servizos adicionais da páxina web da operadora.
É bastante probable que a compañÃa decidise activar este servizo adicional nas liñas fixas xusto agora, en previsión do perÃodo estival, para que os seus usuarios poidan desviar a liña telefónica do fogar a outros teléfonos para asà poder atender ás chamadas cando non estean na súa residencia habitual.
