Dispoñible na tenda de Xbox unha mala copia de Mario Strikers
venres, 31 de xaneiro do 2025
Ao igual que hai un mes espertaba a indignación de moitos xogadores a publicación na eShop de Nintendo Switch de Wukong Sun: Black Legends, tÃtulo que buscaba aproveitarse descaradamente da sona de Black Myth: Wukong (tÃtulo que polo momento só está dispoñible en PC e consolas PlayStation), agora a vÃtima deste tipo de malas prácticas é a propia Nintendo, cun tÃtulo que está a captar moita atención polo seu descaro: Mariostro Strikers: Soccer League.
Falamos dun xogo de fútbol que plaxia sen pudor os xogos da serie Mario Strikers, pero só a nivel de marca e portada, na que amosan claramente unha mala copia de Super Mario vestido con roupa de fútbol, no que a todas luces parece unha imaxe xerada mediante intelixencia artificial, que pouco ou nada ten que ver co contido real do xogo, que é un xogo de fútbol de 4 contra 4, cuns gráficos sumamente básico. O xogo ten un prezo de 4,29 euros, pode xogarse en consola, PC e móbil, e o que serÃa unha grande sorpresa é que o mercase alguén conscientemente, pois estamos ante un claro caso de xogo lixo que unicamente busca captar compras por confusión, polo que sorprende que Microsoft non o borrase aÃnda da súa tenda dixital de xogos.