Distintas informacións apuntan a que Google poderÃa ter o seu propio móbil en 2008
venres, 3 de agosto do 2007

- Posible imaxe do móbil con Google integrado fabricado por LG
Google parece ter claro que os móbiles van supor un
importante mercado para a publicidade no futuro, e asà está
a realizar fortes investimentos no sector e a pechar acordos con distintas
operadoras de telefonÃa móbil coma T-Mobile, AT&T ou Verizon, aÃnda que en
Europa xa hai tempo que moitas operadoras inclúen o acceso a Google dende o menú
dos seus terminais ou dende os seus portais móbiles.
A todas estas negociacións haberá que sumar que Google poderÃa dar servizos
nunha nova rede sen fÃos (baseada en WiMax) que está a construÃr Sprint en
EE.UU., e o feito de que LG poderÃa estar a preparar móbiles coa marca de
Google (de xeito que estarÃan preconfigurados para o uso do popular buscador) aÃnda
que temen que outros fabricantes de terminais fagan o propio con buscadores
alternativos. Rumoréase que Google
está a amosar un prototipo de LG para a súa comercialización por parte das
distintas operadoras de telefonÃa.

- Algúns deseños do Gphone que se ven na Rede son moi atractivos
O fabricante HTC tamén se comprometeu con Google para ter un móbil baseado en
Linux listo a primeiros de 2008, polo que o panorama parece estar moi
concorrido, e todo apunta a que Google pretende lanzar a súa propia liña de
terminais para os que se adaptarÃan tódolos seus servizos (dende o buscador web
ata os mapas), agardando que tódalas operadoras de telefonÃa os comercialicen,
aÃnda que tamén se afirma que os prototipos
que está a amosar Google non resultan tan revolucionarios coma o iPhone e
mesmo ven con escepticismo o negocio do móbil que parece procurar Google.
¿Chegará
pronto o móbil de Google (que algúns xa chaman Gphone)? ¿Será un produto
revolucionario? Ata o momento todo son rumores e poucas cousas se poden
concretar, pero se 2007 foi un ano marcado polo lanzamento de 2007 todo parece
indicar que Google quere ser quen marque a diferenza en 2008.
