El profesor Layton y la Caja de Pandora chega a dispositivos móbiles

xoves, 20 de xuño do 2019 Marcus Fernández

A saga de xogos do Profesor Layton pode darse por amortizada nas consolas portátiles de Nintendo (ao ter vendido máis de 17 millóns de copias), de aí que estea a adaptarse a dispositivos móbiles, e tras o lanzamento hai uns meses de El profesor Layton y la villa misteriosa para iOS e Android chega agora El profesor Layton y la Caja de Pandora, xogo que agora presenta gráficos en alta definición para que o seu goce en dispositivos móbiles sexa satisfactoria.
O xogo está dispoñible para Android e para iOS a un prezo de 10,99 euros, achegando unha divertida historia que serve para fiar numerosos quebracabezas que o profesor Hershel Layton e o seu pupilo Luke Triton deberán resolver, para conseguir finalmente desvelar o misterio da Caixa Elísea. Teremos máis de 150 desafíos mentais, adiviñas e quebracabezas que superar, estando o xogo dispoñible en inglés, francés e español.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE