Artigos desta sección
Os iPhone máis caros foron os móbiles máis vendidos na primeira metade do ano
Os analistas de Omdia veñen de publicar a listaxe dos 10 smartphones con máis unidades no mercado durante a primeira metade do ano, dando conta dunha caída nas vendas nos móbiles de gama media e baixa, mentres que se incrementa o mercado de móbiles de segunda man. Curiosamente a gama alta non se ve afectada pola recesión económica, e mantén a súa forza, (...)
Ler máisOs dispositivos electrónicos con USB-C deberán indicar claramente se inclúen cargador
En outubro ratificouse a nova lexislación europea que a finais de 2024 obrigará a que os móbiles, tabletas e cámaras que se vendan na Unión Europea poidan cargarse mediante conectores USB-C, tendo España un ano para adaptar a Directiva Europea á lexislación española, e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital xa tería redactado o proxecto de (...)
Ler máisA TDT manterá as emisións en SD até 2024
Acumulando varios adiamentos ao procedemento que obrigaría aos actuais adxudicatarios de licenzas de Televisión Dixital Terrestre (TDT) a dar o salto definitivo á alta definición, o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto que mantén esta incómoda situación na que permítese que as emisións en definición estándar a través da TDT poidan manterse en tal (...)
Ler máisOs televisores de LG activarán automaticamente o Filmmaker Mode en Prime Video
Os televisores máis modernos contan cunha moi agardada opción chamada Filmmaker Mode na que se desactivan as numerosas supostas optimizacións da imaxe que aplican os televisores provocando que moitas producións cinematográficas se vexan unha nitidez e velocidade tal que parezan telenovelas. Este modo que facilita que as producións de cine e televisións se (...)
Ler máisPanasonic podería pasar a fabricar os seus televisores en China
O mercado do televisores segue a ter serios problemas de viabilidade para grandes fabricantes tradicionais, e un dos últimos en tirar a toalla é Panasonic, que coméntase que deixará de producir os seus propios televisores para externalizar a produción á marca chinesa TCL, actualmente o terceiro fabricante de televisores do mundo. O acordo entre ambas (...)
Ler máisConsumo prepara un índice de reparabilidade para os produtos electrónicos
Aproveitando que onte celebrábase o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras dende o Ministerio de Consumo anuncian que están a desenvolver un Índice de Reparabilidade que clasificará os produtos eléctricos ou electrónicos. Esta iniciativa consiste na creación dun selo que acompañará aos produtos nas súas embalaxes e que axudará aos consumidores a tomar (...)
Ler máisOs novos televisores de LG chegarán con webOS 6.0
Os televisores LG conseguiron destacar no ámbito dos Smart TV grazas a webOS, sistema operativo que inicialmente estaba presente en dispositivos de Palm, pero que nos televisores foi onde chegou a demostrar o seu potencial, e para manter o seu pulo veñen de anunciar que este ano novos televisores chegarán con webOS 6.0, o que suporá un grande cambio para (...)
Ler máisPrevese unha caída no gasto en móbiles en España
A relación da tecnoloxía coa pandemia pode parecer paradoxal, xa que o confinamento provocou unha grande demanda de produtos como ordenadores persoais, impresoras, webcams... dos que aínda non se normalizou o subministro a nivel global, cando estamos nun tempo de incerteza económica que debería provocar unha caída de vendas e, en moitos casos está así, de (...)
Ler máisA pandemia provoca un incremento na venda de ordenadores
Aínda que estamos nunha situación económica complicada, e o mercado dos ordenadores persoais leva bastantes anos en caída, dende IDC aseguran que no segundo trimestre de 2020 experimentouse un incremento interanual do mercado dos ordenadores persoais tradicionais dun 11,2%, chegando ás 72,3 millóns de (...)
Ler máisOlympus abandona o negocio das cámaras dixitais
O mercado da fotografía dixital é altamente competitivo, especialmente despois da chegada dos smartphones, que reduciu considerablemente o nivel de uso da fotografía tradicional, e o dinamismo do sector provocou grandes cambios tecnolóxicos que forzan a grandes investimentos para poder manterse en primeira liña, sen conseguir sempre retorno dabondo, de aí (...)
Ler máis