Consumo prepara un índice de reparabilidade para os produtos electrónicos
martes, 16 de marzo do 2021
Aproveitando
que onte celebrábase o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras dende
o Ministerio de Consumo anuncian que están
a desenvolver un Índice de Reparabilidade que clasificará os produtos
eléctricos ou electrónicos. Esta iniciativa consiste na creación dun selo que
acompañará aos produtos nas súas embalaxes e que axudará aos consumidores a tomar
mellores decisións no momento da compra.
Para calcular o índice mencionado teranse en conta a documentación achegada
polo fabricante para facilitar as reparacións, a facilidade para desmontar o
produto, a dispoñibilidade de pezas de reposto, a relación entre o prezo das
pezas de reposto e o produto orixinal e tamén outros criterios que dependerán
de criterios específicos (como pode ser a facilidade no reinicio de software).
Francia xa regulou esta material, e como mostra temos que Apple
ten na súa páxina web un apartado dende o que achega os índices de
reparabilidade dos seus móbiles e ordenadores persoais, e así podemos
comprobar que o iPhone 12 ten un índice de 6 sobre 10, o iPhone XR un 4,5 e os
portátiles terían índices de entre o 5,6 e o 7. Nos equipos que peor puntuación
nos produtos de Apple tende a ter un importante peso a dificultade da operación
de reparación e o prezo das pezas de reposto, algo comunmente coñecido, pero
que un índice de reparabilidade axuda a que sexa máis doado de saber polos
consumidores máis prudentes.