Emilio Duró participará na tarde do venres nunha charla organizada polo CPEIG en Compostela
xoves, 26 de maio do 2011
- Emilio Duró participará nas charlas organizadas polo CPEIG
Este venres ás 6 da tarde na Facultade de Ciencias
de Comunicación en Santiago de Compostela botará a andar o Ciclo de charlas sobre tecnoloxÃa,
liderado e intelixencia emocional organizado polo Colexio Profesional de
EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) cun relatorio de Enrique Duró,
profesor que acadou grande repercusión na Rede grazas á forza das súas charlas
e polas súas aparicións televisivas, que falará sobre A xestión da ilusión e o coeficiente de optimismo en épocas de cambio.
Licenciado
en Ciencias Económicas e Master en Administración de Empresas pola Escola
Superior de Administración e Dirección de Empresas (ESADE), Duró dedica parte
do seu tempo ao estudo da aprendizaxe en idades temperás e, mediante
experiencias e anécdotas, adoita demostrar que os fracasos profesionais
raramente se deben a causas técnicas e si, en cambio, ao desenvolvemento
emocional.
- Luis Huete pechará o ciclo de conferencias o 18 de xuño
O ciclo de charlas completarano Enrique Dans e Luis Huete, e xa na páxina web
do CPEIG xa está dispoñible o formulario
de inscrición a todas ou cada un dos relatorios que terán lugar os dÃas 27
de maio e 10 e 18 de xuño.
A intervención de Enrique Dans o dÃa 10
de xuño no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago leva
por tÃtulo Novos escenarios tecnolóxicos:
poñéndonos as pilas.; mentres que Luis Huete pronunciará a súa charla o
dÃa 18 de xuño, baixo o epÃgrafe Transformando
organización ao ritmo dos mercados.
Este ciclo
de charlas, programado en colaboración coa Xunta de Galicia, está dirixido a
complementar os coñecementos técnicos dos executivos de empresas e de todas
aquelas persoas que participan en organizacións coa finalidade de mellorar a
súa calidade de vida mediante a potenciación das aptitudes fundamentais, a
través da consideración do capital humano como recurso na procura de vantaxes
competitivas.