En marzo de 2019 teremos Devil May Cry 5 para PS4, Xbox One e PC

martes, 21 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Na presentación de Microsoft na Gamescom confirmouse que, tras o fracaso do seu reboot, a saga de Devil May Cry volverá ás súas orixes o 8 de marzo de 2019 cunha nova entrega que contará con versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC, e que como protagonista contará co cazador de demos Nero.
Devil May Cry 5 supón o regreso dunha invasión demoníaca, que comeza cando a semente dunha árbore demoníaca radica na cidade de Red Grave, na que Nero, sen o seu brazo demoníaco, contará coa axuda de Nico, artista de armas que deseñará variedade de brazos mecánicos únicos que facilitarán os enfrontamentos con malvados demos como Empusa e Goliath.
Temos así que Nero poderá lanzar numerosos ataques cos seus brazos, así como empregar a súa espada Red Queen e a súa pistola Red Rose, desatando así secuencias de acción frenética na loita pola salvación da cidade e o descubrimento do misterio detrás desta invasión demoníaca.

Nero enfrontarase a numerosos demos valéndose de diversas armas
Aínda que Nero sexa o protagonista de Devil May Cry 5, non falará a presenza de Dante

Tráiler de Devil May Cry 5 estreado na Gamescom

PUBLICIDADE