En outubro de 2014 medrou a banda larga e caeu a telefonÃa móbil
luns, 22 de decembro do 2014

- Ganancia neta de liñas de banda larga en outubro de 2014 (en milleiros)
A
Comisión Nacional do Mercado da Competencia está a informar da situación
do mercado das telecomunicacións en España o pasado mes de outubro,
arroxando resultados positivos no que se refire ás liñas de banda larga e, en
especial, de fibra óptica ata o fogar (FTTH) mentres que a telefonÃa móbil
volve a resultado negativos.
En outubro o número de liñas de banda ancha en España terÃase incrementado en
99.422, o que supón un crecemento interanual do 6%. Das novas contratacións,
121.591 liñas corresponden a conexións FTTH, de xeito que esta tecnoloxÃa sumarÃa
xa 1.343.754 liñas, o que vén a ser un 147,3% máis que o ano anterior.
Curiosamente Telefónica (principal promotora das conexións FTTH) só tivo unha
ganancia neta de 6.891 liñas, mentres que as compañÃas de cable conseguiron
28.466 e os operadores alternativos fixéronse con 64.070 liñas.
Telefónica tamén sairÃa mal parada nas liñas de telefonÃa móbil, sendo Movistar
o operador con maior perda neta de liñas rexistrada, con 71.562 liñas menos,
mentres que Vodafone, Yoigo e Orange perderon 21.671, 15.033 e 7.861 liñas
respectivamente, sendo os operadores móbiles virtuais os grandes beneficiados,
cunha ganancia neta de 37.950 liñas.
En xeral, a telefonÃa móbil perdeu 78.177 liñas en outubro, provocado en grande
medida polo acusado descenso de liñas de prepagamento (216.523) que o aumento
en liñas de contrato (138.346) non puido compensar. En contraste, a telefonÃa
fixa, que cada vez ten unha menor importancia, rexistrou un crecemento de
31.133 liñas.

- Ganancia neta de liñas móbiles en outubro de 2014 (en milleiros)
