Entra en vigor a normativa das SMS Premium para a protección ao usuario
xoves, 26 de novembro do 2009
A normativa de regulación das SMS Premium para a
protección do usuario entra
en vigor este venres coa posta en marcha da nova tarificación
adicional, que permitirá ao usuario coñecer o prezo do servizo a través do
primeiro dÃxito do número.
Entre as novidades está que as mensaxes que vaian ter un prezo superior a 1,20
euros (ou inclúan contidos para adultos) deberán contar cunha mensaxe previa á
súa contratación na que informen do prezo e solicite expresamente a súa
aceptación, prohÃbese a esixencia de ter que remitir 2 ou máis mensaxes para
solicitar un servizo e estandarÃzase o uso da palabra BAJA como resposta para solicitar a desubscrición a un servizo.
Tamén establécense franxas horarias de protección, pensando especialmente no
concursos televisivos, que tamén terán que cumprir con máis requisitos coma ter
as súas bases depositadas ante notario, non aceptar mensaxes fóra do seu
horario de emisión e confirmar a participación do usuario mediante SMS.
Os usuarios tamén poderemos pedir á nosa operadora de telefonÃa móbil a
desconexión a este tipo de servizos de tarificación adicional e este tipo de
mensaxes deberán vir desglosadas nas facturas, de xeito que en caso de
desacordo, o usuario pode optar a non pagar a parte da factura correspondente á
tarificación adicional, evitando asà o corte da súa liña.

- Novo cadro de prezos das SMS Premium
