Ericsson presenta a súa tecnoloxÃa LTE para servizos de banda larga móbil
venres, 4 de abril do 2008
- Robert Puskaric presentando a súa plataforma M700
Os distintos axentes no mundo das telecomunicacións comezan a
tomar posicións de cara á tecnoloxÃa móbil que poderiamos chamar 4G, e mentres
uns apostan polo WiMAX, outros xa anuncian os seus plans para LTE, que serÃa
unha opción máis propia de operadores de telefonÃa móbil.
AsÃ, Ericsson
vén de amosar a súa plataforma M700 para a tecnoloxÃa LTE que permitirÃa
transmisións de datos de ata 100 Mbps de descarga e 50 Mbps de subida, o que
superarÃa á meirande parte das conexións de acceso á Rede baseadas en cable,
abrindo unha ampla gama de servizos ás operadoras móbiles.
Os primeiros produtos da familia M700 serán dispositivos de datos, coma modems
USB e ExpressCard para ordenadores portátiles. Agárdase que esta tecnoloxÃa
comece a comercializarse en 2009, aÃnda que os produtos baseados nesta
plataforma non chegarán ata 2010.
As transmisión desta tecnoloxÃa faranse na banda entre 1,4 e 200 MHz, e segundo
o director de plataformas móbiles de Ericsson, Robert Puskaric, achegará un «servizo completo de banda
larga en calquera dispositivo, en calquera lugar e en calquera momento».