España non vetará a tecnoloxía 5G chinesa
venres, 4 de setembro do 2020
Esta semana o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, recibiu
na Moncloa ao director da Oficinal de Asuntos Exteriores do Comité Central do
Partido Comnista de China, Yang Jiechi, e entre os asuntos tratados na
xuntanza non faltou o despregamento da redes 5G, asegurándose que España considera
imprescindible garantir que tal despregamento se realice nas «máximas
condicións de seguridade tecnolóxicas, acceso aos datos, autonomía e
privacidade», ou sexa, que non haberá veto ás tecnoloxías de fabricantes como
Huawei, tal e como aprobaron outros países.
Deste xeito España toma unha posición semellante á do resto de países da Unión
Europea, por non atoparse ningunha evidencia das acusacións dos EE.UU. contra
Huawei por mor das potenciais ameazas á seguridade nacional que podería supor basear
as redes de telefonía móbil 5G en tecnoloxía chinesa.
Cómpre lembrar que Huawei é o principal fabricante mundial de tecnoloxía 5G, e
vetar a tal compañía tería un par de consecuencias directas: por unha banda adiaría
considerablemente a nova xeración de telefonía móbil e, pola outra, dispararía
os custos derivados da implantación da nova tecnoloxía, xa que Huawei ten
prezos moito máis competitivos que o resto de fabricantes. Estímase que vetar a
Huawei podería supor un retraso de preto de 2 anos no despregamento da 5G.