España ten máis do dobre de liñas de fibra óptica que de ADSL
venres, 25 de xaneiro do 2019
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)
publicou os datos relativos ás telecomunicacións en España o pasado mes de
novembro, constatando a evolución que está a ter a banda larga fixa, que chegou
ata un total de 14,8 millóns de liñas, destacando a caÃda dos DSL e o cable
(HFC) e o crecemento da fibra óptica (FTTH), de xeito que actualmente haberÃa máis de 8,4 millóns
de liñas FTTH en España, das que 3,9 millóns corresponderÃan ao operador
Movistar, mentres que o DSL, que ata hai pouco era a principal tecnoloxÃa de
banda larga no fogar, dende outubro nin sequera chega aos 4 millóns de liñas.
Facendo balance anual, as liñas FTTH medraron en 2 millóns, mentres que o DSL
cae en 1,3 millóns de liñas, constatando que a evolución na implantación da
fibra óptica é moi positiva, o que supón unha grande mellora na calidade do servizo
para os consumidores, principalmente por manter unhas velocidades de acceso sen
grandes discriminacións xeográficas (mentres que coa tecnoloxÃa DSL a distancia
de cada fogar á súa central correspondente afecta seriamente á velocidade de
acceso subministrada).
No que á compañÃa que subministra o servizo, o 89,4% das liñas concéntrase nos
tres principais operadores (Movistar, Orange e Vodafone), mentres que no mundo
da telefonÃa móbil os operadores alternativas teñen máis peso e o Grupo
MásMóvil conseguiu un digno 11,51% das liñas e o resto de OMV acumulan un 8,87%.
