Esta semana botan a andar os Almorzos Tecnolóxicos de Emetel

luns, 26 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro mércores comezarán dos Almorzos Tecnolóxicos de Emetel, un foro de comunicación ao redor das TIC no que grandes empresas internacionais achegarán as novidades dun sector chave para unha nova realidade social e empresarial e que terán lugar no showroom da empresa galega Emetel nas súas novas instalacións no Polígono de Icaria en Oleiros (A Coruña).
O primeiro seminario tratará da seguridade, contando coa presenza de Rafael Ave, adxunto a dirección en Innovación de Emetel, Salvador Ferrer, director técnico de Enterasys Networks, e Eusebio Nieva, director técnico de Checkpoint, quen porán sobre a mesa como a mellora das comunicacións favorece a produtividade e a rendibilidade do traballador e da empresa, e da necesidade de adaptación da seguridade a estes novos esquemas, para non pór en risco os sistemas de información.
Como adianto ao encontro, Rafael Ave declarou que a seguridade sempre tivo moita demanda por parte das empresas, pero que os accesos a redes corporativos dende contornos móbiles levou a que «os modelos de seguridade existentes ata agora variasen notablemente», de aí que no almorzo do 28 de setembro vaian recoller todas as novidades a este respecto, e analizar as solucións existentes no mercado xunto a empresas como Enterasys e Checkpoint.
Para asistir a este primeiro encontro organizado por Emetel é preciso formalizar tal intención vía web.