Este venres Santa Cruz dará acubillo á nova edición da LaconNetwork

mércores, 25 de abril do 2012 Marcus Fernández

Os encontros gastronómicos de emprendedores e profesionais do sector TIC galego que teñen lugar os últimos venres de cada mes coñecidos polo nome de LaconNetwork, e que repártense por toda a nosa xeografía, recalarán o vindeiro venres ás 14:30 horas no Hotel Portocobo na rúa María Soliña de Santa Cruz (Oleiros), estando xa aberta a súa inscrición (para o que hai que aboar 21 euros de xeito anticipado).
Este tipo de encontros resultan de especial interese para profesionais do sector tecnolóxico, que poden así verse cara a cara, establecer contactos e dar pé a sinerxías, que xorden con facilidade neste tipo de xuntanzas distendidas e informais, que dan visibilidade ao dinamismo deste ámbito empresarial.

Imaxe da pasada edición da LaconNetwork