Este xoves terá lugar un obradoiro sobre redes sociais para a PEME en EXPOCoruña
mércores, 9 de novembro do 2011

- Irene Montero encargarse deste novo obradoiro B-web
Tras o éxito do encontro profesional B-web deste ano, os seus responsables
decidiron prolongar a experiencia cunha serie de obradoiros temáticos que
principiaron o pasado 15 de setembro e que mañá terán unha nova entrega da man
de Irene Montero DÃaz, licenciada en FiloloxÃa Inglesa e Master en Medios de
Comunicación, quen abordará o tema das Redes
Sociais para PEME.
Esta actividade terá lugar en EXPOCoruña de 16:00 a 20:00 horas e procurará ilustrar
aos asistentes sobre a utilidade das redes sociais para pequenas e medianas
empresas na actual realidade da comunicación na que as empresas poden
relacionarse directamente a través das novas canles abertas a través de
Facebook, Twitter, Foursquare e outras plataformas que permite achegar un feedback sobre os produtos descoñecido
ata o momento e dando pé a unha nova era para a xeración de marca.
