Estrean un código telefónico de país global (o +883)

mércores, 12 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Hai pouco a Unión Internacional de Telecomunicacións aprobou a creación do prefixo telefónico internacional +883 que correspondería a unha demarcación global, dos que comeza a facer uso Voxbone.
Os números telefónicos internacionais se coñecen comercialmente coma iNum, e contan xa con moitos operadores que distribúen as chamadas a este tipo de números de balde (aínda que no caso español é preciso chamar ao número 91 188 37 77 para establecer comunicacións cos mesmos).
Este sistema de internacionalización telefónica permite desvincular os números telefónicos da localización física do usuario, facendo que todas as comunicacións sexan locais, o que resulta práctico para negocios transnacionais.
A cobertura española de Voxbone inclúe as cidades de Santiago, A Coruña e Vigo, nas que se poden crear números telefónicos virtuais.