FACUA advirte das tarifas abusivas do roaming de datos
xoves, 6 de agosto do 2009
A asociación FACUA-Consumidores
en Acción realizou un estudo
sobre as tarifas de acceso á Internet que aplican as operadoras de telefonÃa
móbil cando os seus usuarios viaxan a outros paÃses, o que lévalle a
advertir aos consumidores sobre a desproporción das cantidades que cobran de
xeito xeral as distintas compañÃas, que fai que os turistas poidan levar máis
dunha sorpresa ao volver das súas vacacións con facturas de centos de euros por
conexións á Rede dende fóra do seu paÃs pese a ter contratadas tarifas planas
ou outras tarifas vantaxosas que modifican as súas condicións no estranxeiro.
FACUA colaborou nos últimos meses nas reclamacións de distintos usuarios que
recibiron facturacións abusivas por conexións de datos dende o estranxeiro,
ignorando que non podÃan facer uso da súa tarifa plana de Internet dende fóra
de España, polo que dende a organización continúan a pedir que as operadoras
informen aos seus clientes correctamente das súas tarifas, á vez que reclaman
unhas tarifas máximas reguladas para evitar os excesos rexistrados.
Os exemplos do que pode custar unha descarga de datos dende o estranxeiro son
escandalosos, pois irÃan dende 30 euros por un vÃdeo de menos dun minuto ata
3.500 euros por un episodio dunha serie de televisión, incluso dentro da Unión
Europea onde cobrarÃan entre 1,79 e 11,60 euros por Mbyte transferido, aÃnda
que hai a posibilidade de adquirir bonos diarios que por 13,92 euros permite a
descarga de 50 Mbytes (algo bastante máis razoable) e bonos mensuais.
Aparte das persoas que viaxan ao estranxeiro, tamén teñen que ter certo tipo as
persoas que vivan en zonas fronteirizas (coma en moitos concellos do sur de
Galicia) onde unha conexión de datos a través dunha antena de fóra do paÃs pode
ocasionar algún que outro susto desagradable.
