FACUA advirte de fraudes a través de chamadas perdidas de números estranxeiros

mércores, 17 de abril do 2019 Marcus Fernández

Dende FACUA-Consumidores en acción están a dar conta dunha nova vaga de fraudes telefónicos que consisten en chamadas perdidas dende números cos prefixos 225, 233, 234, 355 ou 387 que corresponden a números de tarificación adicional de Costa de Marfil, Gana, Nixeria, Albania e Bosnia, de xeito que os seus titulares gañan cargos ao recibir chamadas, de xeito que se atopamos unha chamada sen atender dalgún destes números debemos ignorala.
Dende FACUA engaden que os afectados por este tipo de timos deben presentar unha reclamación ante a súa compañía para advertir da fraude e solicitar que na factura se segregue o importe correspondente á retribución que iría ao titular da liña de tarificación adicional, de xeito que o afectado poida deixar de aboar esa parte do recibo.
A asociación de defensa dos consumidores advirte que ante unha reclamación e o impagamento da cantidade fraudulenta a compañía non pode cortar a liña dende a que se realizaron as chamadas.

PUBLICIDADE