FACUA denuncia que Telefónica subirá as súas tarifas de chamadas de fixo a móbil ata un 42,2%
mércores, 14 de novembro do 2007
A Federación de Consumidores en Acción (FACUA)
denuncia que as tarifas
anunciadas por Telefónica para o 1 de xaneiro de 2008 supoñen un incremento
do prezo das chamadas de fixo a móbil que chegan ata un 42,2% en lugar de
repercutir nos usuarios as baixadas de custos propiciadas pola CMT nos últimos
perÃodos.
Para ilustrar a suba de prezos FACUA elaborou
unha táboa comparativa entre as tarifas actuais e as novas para chamadas de
distinta duración, que en chamadas de 1 minuto amosan unha diferenza de máis do
24%, que se ve elevaba ata un 42,2% os sábados de 8:00 a 14:00 horas (pois tal
franxa horaria deixa de estar considerada horario reducido) aÃnda que tamén se
pode apreciar que a partires de certas duracións as chamadas baixan de prezo (aÃnda
que no caso de Orange teñan que superar os 60 minutos en horario reducido para
que pase tal).
