FACUA destaca que Vodafone é o operador móbil peor valorado
xoves, 13 de decembro do 2012
FACUA-Consumidores en Acción vén de publicar as conclusións da 6ª enquisa
aos usuarios sobre a calidade das compañÃas de telecomunicacións móbiles,
chegando a conclusións como que só o 2% dos 6.589 consultados pensa que as
autoridades protexen ben os seus dereitos fronte aos abusos e fraudes das
compañÃas de móbiles, mentres que o 65% considera que non os protexen nada e o
34% que fano pouco.
A consulta recolle que o 47% dos usuarios denuncian que o seu operador
cobroulle algunha vez un servizo ou modalidade tarifaria que non contratara, e
que o 43% dos usuarios queixáronse dalgún problema ao servizo de atención ao cliente
nos últimos 6 meses. Sorprende ver que o 51% dos usuarios que presentaron
algunha reclamación non recibiron resposta ou solución satisfactoria e no 27%
dos casos nin sequera se molestan en contestar.
Separando por operadores teriamos que a facturación de servizos non solicitados
chega ao 66% dos clientes de Vodafone consultados e ao 62% de Movistar,
proporción que cae considerablemente no caso de Orange (32%) e aÃnda máis con
outras compañÃas: Yoigo (13%), Simyo (8%) e Pepephone (5%). Estes resultados
terÃan unhas proporcións semellantes no caso do cobro de chamadas non
realizadas, que serÃa do 46% no caso de Vodafone e 40% no caso de Movistar, o
que indica unha grande desconfianza por parte dos consumidores. A solicitude de
baixas tamén rexistra grandes incidencias, e o 43% dos usuarios que solicitaron
baixa recibiron facturas posteriormente.
No caso da cobertura, estamos ante un problema que afectarÃa ao 30% dos
consultados, acentuándose no caso de Orange (co 46% de clientes indicando tal
eiva).
Outro elemento a destacar é o relativo aos servizos de atención telefónica, que
achegarÃan información sobre tarifas imprecisa e incorrecta para o 70% dos
consultados, o que é especialmente gravoso no caso de Movistar (83%), compañÃa
seguida por Vodafone (81%), que parecen estar a consolidarse como as que peor
tratan aos seus clientes pese a que son as que dominan o mercado.
