FIC OnLAN chega á súa quinta edición
mércores, 26 de febreiro do 2014
Continuando coa tradición no tempo do Entroido a Facultade
de Informática da Coruña volverá a acoller unha nova edición da party informática FIC OnLAN, que
desenvolverase entre os dÃas 28 de febreiro e 4 de marzo e amparará
conferencias sobre as últimas tecnoloxÃas, concursos de distintos ámbitos
(videoxogos, programación...) e unha boa conexión á Internet para que os
participantes poidan gozar deste encontro ao que habitualmente acoden preto dun
par de centos de participantes.
Entre os torneos confirmados nesta nova edición de FIC OnLAN están as relativas
aos videoxogos (StarCraft 2: Wings of
Liberty, Quake III Arena, Street Fighter IV, FIFA 2014, Buzz! Bajo Presión,
UltraStar Deluxe, TrackMania Nations e League of Legends), a RoboCode, deseño 2D, fotografÃa e
programación ofuscada, que xa teñen premios
asignados, segundo o que podemos ver nos foros do encontro.
