Final Fantasy XII: The Zodiac Age chega a Xbox One e Nintendo Switch
martes, 30 de abril do 2019
En 2017,
dez anos despois do lanzamento español para PlayStation 2 de Final Fantasy XII, chegou
a PlayStation 4 Final Fantasy XII: The
Zodiac Age, unha versión do xogo con gráficos actualizados á alta
definición que hoxe estrea versións para Xbox
One (que en Xbox One X corre até a 60 imaxes por segundo) e Nintendo
Switch.
Esta versión inclúe a posibilidade de alternar entre a banda sonora moderna e a
clásica, un modo DesafÃo e diversas melloras como a opción de restablecer
licenzas , conxuntos de gambits
adicionais e novas partidas melloradas.
O xogo, aparte de mellorar resolución,
as texturas e os efectos das sombras, introduce certos elementos para mellorar
a xogabilidade e accesibilidade do tÃtulo, como a axilización dos combates, un
modo ultrarrápido opcional e a función de gardado automático.
Temos asà unha oportunidade de recuperar unha vella entrega de Final Fantasy que vendeu máis de 6
millóns de unidades en todo o mundo (vendendo a serie no seu conxunto máis de
400 millóns de copias).
Tráiler de Final Fantasy XII: The Zodiac Age para Nintendo Switch