Fixan as tarifas que os operadores pagarán polo roaming dos seus usuarios
martes, 29 de novembro do 2016
Dentro dun par de semanas aprobarase
a proposta definitiva que porá fin ao roaming dentro da Unión Europea a partires
do 15 de xuño de 2017, pero mentres van realizándose avances como un acordo
entre operadores do que vén de dar conta a Comisión Europea, e que fixa uns
prezos que terán que pagar os operadores cando un dos seus usuarios empregue a
rede doutro en itinerancia, buscando que esas tarifas se acheguen a un custe
real.
O acordo fixa que os operadores deberán aboar 3 céntimos de euro por chamada
(fronte á proposta de 4 céntimos) e 1 céntimo por cada mensaxe de texto,
mentres que para os datos fÃxase unha tarifa decrecente, que parte de 4 euros
por GB e irÃa caendo ata 1 euro, en vez dos 0,85 céntimos/MB propostos.
Estas medidas buscan que no futuro un cidadán europeo poida moverse con
liberdade por toda a Unión facendo uso do seu smartphone como se estivese no
seu paÃs de orixe e sen ter que realizar pagamentos adicionais, o que precisa
regularse con tino para que non afecte indirectamente ás tarifas (xa que os
operadores si teñen que compensar aos de outros paÃses polo uso das súas
redes).
Cómpre salientar que xa son varios os operadores españois que se adiantaron á
lexislación europea, ofrecendo o roaming
europeo sen custo adicional cunhas condicións de uso razoable, que posiblemente
sexan moi semellantes ás que fixará a Comisión Europea o 15 de decembro.
