Flappy Bird chega á Epic Games Store para móbiles
mércores, 30 de abril do 2025
O ano pasado foi moi rechamante o regreso do xogo Flappy Bird a través dunha compañÃa creada de xeito oportunista para aproveitarse do éxito da creación de Dong Nguyen, creador do xogo orixinal que no seu dÃa decidiu retirar das tendas de aplicacións, valéndolle un carácter case mÃtico.
AÃnda que esta versión tan reprobable de Flappy Bird non conseguiu o éxito que perseguÃa, agora busca conseguir maior visibilidade ofrecéndose de balde a través da tenda para dispositivos móbiles de Epic Games.
Deste xeito podemos descargar o novo Flappy Bird, que ofrece moitas máis funcións que o xogo orixinal, non todas positivas, xa que, aÃnda que a aplicación é de balde, integra publicidade, cobrando a cantidade de 2,69 euros se queremos eliminala. O xogo tamén conta cunha tenda de aplicacións na que adquirir lotes de cascos para o xogo que van dende os 0,89 euros por dúas unidades até 17,99 euros por un cento.
Temos asà que o xogo opta por un modelo de negocio bastante ordinario, en vez de percorrer a senda do mundo cripto que prometÃa inicialmente.
- O novo Flappy Bird ofrece máis posibilidades que o tÃtulo orixinal, pero tamén fai unha explotación económica moi superior