Fortnite achega aos usuarios de PS4 e Xbox One na súa última actualización

martes, 12 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Dende que Fortnite levou a que Sony dese o seu brazo a torcer a facilitase o xogo cruzado con usuarios de PlayStation 4 (medida que culminou cun mecanismo de fusión de contas hai pouco máis dun mes) son varios os avanzas que se realizaron de cara a facilitar que os usuarios non só puidesen empregar distintas plataformas de xeito indistinto (levan os seus progresos e compras consigo), senón que tamén puidesen enfrontarse a usuarios que utilizan máquinas semellantes, aínda que con certas limitacións para coidar da experiencia.
Agora que chega a versión 8.10 de Fortnite temos que por fin chegan cambios a este respecto, de xeito que o mecanismo de selección de xogadores nas partidas de battle royale muda, para facer que os xogadores de PlayStation 4 e Xbox One xoguen por un lado, mentres que os de dispositivos móbiles e Nintendo Switch xoguen por outro, cando anteriormente os xogadores de Switch enfrontábanse aos de consolas domésticas. Pero dende Epic Games non impoñen rigorosamente este cambio, senón que os usuarios teñen que elixir activamente participar do xogo cruzado, e para conseguir tal compromiso decidiron que os usuarios de Xbox One ou PS4 que rexeiten o xogo cruzado só poderán gozar do modo Creativo e do Patio de Xogos.
Con esta medida están a xuntar a máis usuarios nos grupos para formar partidas, o que axuda para que o equilibrado de xogadores funcione mellor, mentres que no caso da Switch haberá que agardar para ver se realmente funcionan mellor as partidas ao meter aos usuarios da consola de Nintendo no mesmo saco que os usuarios de iOS e Android.

PUBLICIDADE